idioma

martes, 25 de marzo de 2014

Taberna O Fiadeiro na Reconquista de Vigo (28, 29 e 30 de marzo de 2014)




Este ano, no posto da Reconquista de O Fiadeiro (que estará situado na Praza da Pedra) haberá novas ... 

O sábado día 29 de marzo de 11h a 13h celebraremos unha foliada na que @s protagonistas serán @s pequen@s de ata 14 anos. Nela participarán @s alumn@s da nosa escola como de outras asociacións amigas. 

Durante estes tres días se achegarán os diferentes alumn@s de canto popular, gaita e percusión para amenizar e facer algo de festa. Así como diferentes actuacións con cantos, bailes e música do grupo titular "O Fiadeiro".

Nota: Se algún soci@ quere colaborar no noso posto aportando algún postre, empanada, empanadilla, tortilla ou algún tipo de bebida será de agradecer. So ten que falar con Raquel (629 585 355) e ela lle indicará como facer.

VINDE A DISFRUTAR, FESTEXAR E COMPARTIR ESTA FESTA CON NÓS!!!

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!!!

Un saúdo