idioma

jueves, 22 de mayo de 2014

Asamblea xeral de soci@s (05 de xullo de 2014)

Prezado socio:

Comunicámoslle que o vindeiro 05 de Xullo terá lugar no local da asociación (R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo) unha Asemblea Xeral de Socios, ás 17:30 h. en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda. Nesta Asemblea trataranse o seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. Altas e baixas dende a última Asemblea Xeral de Socios.
  3. Balance e exposición dos proxectos da asociación en 2013-2014.
  4. Balance económico do exercicio 2013.
  5. Exposición e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2014.
  6. Cese da actual xunta directiva e elección da nova xunta directiva
  7. Rogos e preguntas.

Debido ao punto da Orde número 3, e porque queremos pechar e organizar na mellor media certos proxectos de relevancia importante para a asociación, non podemos como sería o habitual convocar esta asemblea no primeiro trimestre do ano, polo que pedimos desculpas a tódolos socios e socias.

Así mesmo tamén a partir da recepción de esta carta, ábrese o proceso a tódolos socios e socias para presentar as súas candidaturas para a formalización na nova xunta directiva, tal e como se expón no punto 6 da orde do día de esta Asemblea Xeral. Poden presentar as súas candidaturas ante a secretaría da Asociación.

Nas semanas anteriores a data da Asemblea (05 de Xullo) , se enviará un recordatorio de esta asemblea.

Todas as nosas comunicacións notificaranse tamén vía correo electrónico para todos aqueles que consten na nosa base de datos. No caso de cambios nos seus datos persoais, agradecémoslle que nolos comunique a fin de proceder á súa actualización.

Para máis información, non dubide en achegarse á nosa oficina en R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo, ou en poñerse en contacto a través dos teléfonos da Asociación 629 585 355 e 986 253 585 (tamén fax) ou do correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com

Agardando contar coa súa participación nas nosas actividades, aproveitamos a ocasión para saudalo cordialmente.




                                                                                  A Directiva

No hay comentarios: