idioma

martes, 26 de agosto de 2014

O Fiadeiro en O Barco de Valdeorras - Danza 3. Folclore na rúa (11 de outubro de 2014)




AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo... 

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 11 de outubro de 2014 ás 20:00h
 


Lugar:Teatro Municipal Lauro Olmo (Rúa da Estación 2)

O Barco de Valdeorras (Ourense)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de O Barco de Valdeorras

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega. 

O proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.


Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pé de rúa. Para esta nova proposta, contará cún repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.

Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións. 
Un exemplo son: PATEADO E MUIÑEIRA DE PONTEGRIXOA, XOTA E RIBEIRANA DE OLIVEIRA, MUIÑEIRA DE RODEIRO,  XOTA E MUIÑEIRA DE RIAMONTE, XOTA E MUIÑEIRA DE ACIBO, entre outros. Para isto, O Fiadeiro contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE NA RÚA.

Mais información en: ofiadeiro@ofiadeiro.com e no 629 585 355

No hay comentarios: